Tuesday 14 de May de 2024

O goberno local de Cambre apoiará a manifestación em defensa da Ria do Burgo


Os tres grupos do goberno local participarán na mobilzación do vindeiro 14 de maio

O goberno local de Cambre formado polos grupos de UxC, PSOE e BNG apoiarán o vindeiro 14 de maio a manifestación convocada Plataforma en Defensa da Ría do Burgo para reclamar o dragado da Ría do Burgo. Demandarán máis fondos para o saneamento da ría e que comece canto a antes a obra ornamentada polo Goberno do Estado. A marcha partirá da Casa del Mar á Delegación do Goberno.

Segundo o goberno local cambrés, o Goberno do Estado ten que consignar máis fondos para o dragado do estuario e asemade desbloquear o trámite ambiental, aínda non foi publicado e do que non se sabe nada.

Esixen que comecen as obras canto antes co obxectivo de rexenerar os fondos do estuário e de permitir a explotación marisqueira e a recuperación dun ben fundamental para o noso médio ambiente.